RUN&FUN A LARACHA 2026
RUN & FUN A LARACHA é unha carreira de obstáculos e destreza cun enfoque lúdico, accesible e non competitivo. Celebrarase o 14 de xuño de 2026 en Praza Les Sables d´Olonne, en A Laracha, fronte á biblioteca municipal. O percorrido é curto e accesible, cunha distancia aproximada entre 3,5 e 5 km, e inclúe obstáculos variados pensados para a diversión, a destreza e o reto persoal.
A proba sae en tandas, non hai clasificación nin cronometraxe competitiva, nin premios por posición; si poden entregarse pequenas sorpresas. Non é obrigatorio completar todos os obstáculos; as persoas participantes poden pedir axuda, intentar pasar ou continuar sen facelo. Pode participar calquera persoa sen necesidade de experiencia previa. As persoas menores deben ir acompañadas por unha persoa adulta responsable ou contar cunha autorización asinada pola persoa responsable legal.
A organización sinalará o percorrido e disporá de persoal voluntario ao longo do circuíto para orientar e garantir a seguridade. Haberá asistencia médica e técnica.
Inscripción
A inscrición realízase por vía online e ten custo segundo a idade:
- Adultos: 12 €
- Jóvenes de 14 a 18 años: 12 €
- Niños de 4 a 13 años: 8 €
- Niños de 0 a 3 años: gratuitos
A participación implica a aceptación do regulamento e das normas de comportamento e seguridade. Visita el sitio web de la organización para obtener la información más reciente.